O pasado 8 de marzo, conmemorábase o Día da Muller. Este ano quixemos traballar ao redor da idea de que a igualdade é algo que se ten que lograr traballando en común. Todas e todos, como membros da nosa comunidade educativa, somos unha das bases sobre as que dita igualdade é posible. Para isto elaboramos unhas fermosas e xigantescas ás coa axuda e a colaboración de todas e todos por igual. Ditas ás queren simbolizar esa liberdade e falta de límites que terán nenas e mulleres nun futuro, esperemos que próximo, cando todas poidan gozar dun trato en igualdade tanto educativa, como laboral ou social.
Tamén quixemos achegar ao noso alumnado a figura de María Pita, unha de tantas mulleres relevantes nas historia que non puideron gozar no seu momento da devandita igualdade. Neste caso, María Pita, nacida na Coruña en 1565 foi unha importante figura na defensa da cidade de Coruña contra a Invencible Inglesa capitaneada por Sir Francis Drake. Di a lenda que ao berro de “O que teña honra que me siga!”, María Pita arremetía contra as forzas inglesas, desmoralizándolas e conseguindo expulsalas da cidade da Coruña cando xa atravesaran as murallas.
Na Praza co seu mesmo nome, na que está situado o concello da Coruña, podemos atopar unha famosa estatua na súa honra, elaborada por Xosé Castiñeiras e acabada en bronce na que vese representada esta heroína.
Aquí tedes ao alumnado de 2º levando a cabo unha actividade sobre ela.