Esta semana pasada, na Educación Primaria, pasámolo de medo!! E nunca mellor dito! Porque celebramos un novo Samaín no que podemos desfrutar de compartir, experimentar, xogar xuntos, sorrir, xuntarnos e coma non podía ser menos… expoñer!
Pero explicámosvolo a continuación polo miúdo.
Como grandes protagonistas desta festa están os calacús ou cabazas de Samaín. E por fin, despois de dous longos anos, puidemos organizar o noso tradicional concurso de calacús ou cabazas de Samaín. O alumnado de 3º a 6º de Primaria, trouxo as súas propostas para este ano que estiveron expostas na entrada para goce de todas as familias xunto coas manualidades elaboradas para decorar. Os gañadores e gañadora do concurso recibiron felices e sorprendidos o seu premio o último día da semana, para o que podían vir cun complemento temático.
Pero non creades que os pequenos de 1º e 2º de Primaria quedaron atrás, todos xuntos fixeron unha cabaza xigante con papel maché! Que moito medo non daba… pero se proporcionou grandes aprendizaxes entre o noso alumnado que afrontou o reto traballando en equipo e superando retos.
Tamén fixemos o noso propio “esconxuro” durante unha pequena xornada de convivencia no primeiro ciclo de E.Primaria. Onde descubrimos que toda ciencia antes de ser comprendida, parece maxia… e aínda encima é divertida! E de paso… traballamos o ton muscular da man e as destrezas motrices. Podedes ver toda a actividade no seguinte vídeo.
Tamén houbo máis actividades que profundaban nesta festa desde distintos ámbitos… unha sopa de letras elaborada por 2º e resolta por 1º, mandalas, xogos dixitais en inglés, talleres temáticos, manualidades… deixámosvos aquí unhas fotos para que gocedes.