O alumnado de 2º e 4º ESO visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME) da UVigo, como actividade do programa Tecnópole, que permite aos rapaces coñecer o que se estuda nesta Escola e participar en obradoiros específicos: os de 2º ESO no de Materiais e os de 4º no de Combustión. Aprenderon, participaron, concursaron e ata levaron premio. Igual dentro dun anos se animan e estudan aí. Quen sabe.
Grazas a todos os monitores/as da Escola pola súa amabilidade e bo facer.