O curso xa está chegando á súa fin e o alumnado de secundaria saíu pasar unha xornada de convivencia ata o parque de aventuras Marikiná Park.
Nun espazo natural incrible, atravesaron pontes colgantes, lanzáronse en tirolinas, saltaron con lianas… e fixeron medrar os seus vínculos de amizade.
Despois desta intensa mañá, fomos ao parque forestal de Beade onde xa puideron descansar.