No noso cole celebramos unha festa moi especial na que unimos dúas tradicións da nosa cultura: o Magosto e o Samaín. Unha xornada chea de ilusión, xogos, creatividade e convivencia, na que as castañas, os disfraces e as cabazas se converteron nos grandes protagonistas.
A través desta celebración, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer, valorar e manter vivas as nosas tradicións, achegándose á cultura galega dun xeito lúdico e participativo. Ademais, fomentamos a creatividade, a expresión artística, a colaboración, a convivencia e o respecto polo patrimonio cultural.
Porque aprender tamén é compartir, experimentar e gozar das nosas raíces!



