O grupo de 1.º da ESO visitou o museo municipal Quiñones de León.
Alí percorreron a sala dedicada á prehistoria.
Despois pasearon polos xardíns do pazo, viron a primeira pista de tenis de Vigo e os enormes eucaliptos plantados en 1872 (posiblemente os máis antigos de Galicia). Foi necesario que se unisen nove rapaces para rodear unha destas árbores.