Visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas (EP)

Ao longo desta última semana, o alumnado de Primaria visitamos a Biblioteca Pública Neira Vilas e gozamos dunha experiencia chea de aprendizaxe e diversión. Alí descubrimos o mundo dos espías e dos detectives e coma eles tivemos que desentrañar a desaparición dun libro! Coñecemos o apaixonante mundo dos libros de espías, resolvemos pistas traballando en equipo poñendo a proba as nosas habilidades de espionaxe coma a lóxica, a creatividade e oespírito investigador.
Moitas grazas á Biblioteca Neira Vilas pola súa acollida e por preparar para nós esta fantástica visita. Xa estamos desexando voltar o próximo curso para descobrir qué máis libros apaixoantes atopamos ahí.


Comments are closed.