Este ano na clase de Primeiro Primaria estamos a levar a cabo una actividade semanal que fomenta as relacións de amizade entre o alumnado. Cada semana un alumno ou alumna desta clase é elixido polos seus compañeiros para poder levar a maleta durante toda una semana á súa casa. Cando volve ao centro, todos lemos a aportación que fixo o noso compañeiro e descubrir que engadiu á maleta. Deste xeito, os noso alumnado vaise coñecendo mellor, atopando intereses común ou incluso obtendo novas ideas para desenrolar a súa curiosidade ou expandir os seus intereses. O importante é participar, compartir e respectar, entre todos, o contido da maleta, e por extensión facelo tamén cos nosos compañeiros e compañeiras.
Fai pouco, unha compañeira trouxo na maleta algo que non podíamos ver ou tocar inmediatamente, senón que deberiamos facer todos xuntos e algo que lle encanta facer a ela na súa casa…Trouxo un experimento. Así que ese día, todos xuntos, visitamos o laboratorio do centro para poder descubrir o resultado do mesmo.
Podedes ver no seguinte vídeo cal foi e o ben que o pasamos facéndoo.
Agardamos con impaciencia a volta da maleta á aula para ver qué nos trae dentro esta vez.