Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na
Ciencia o 11F, levouse a cabo un obradoiro de divulgación científica para os
rapaces e rapazas de 4o de Primaria. Consitiu nunha pequena charla,
adaptada á idade do alumnado, sobre bioloxía e cómo investigan nos
diferentes grupos de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria
Galicia Sur. Dende aquí o noso agradecemento por esta interesantísima oportunidade.
Nesta actividade tamén contáronnos dende como se sintetizan compoñentes
da natureza para facer fármacos, cos nosos arquitectos moleculares, ata a
capacidade de quitarlle ás nosas células malignas a capa de invisibilidade e
acabar con elas. Demos un paseo polas principais áreas de investigación e
os principais sistemas, contando como funciona o noso cerebro, por que é
tan complexo o sistema inmunitario ou como se comporta o noso sistema
endocrino (ou por que o noso corpo responde como o fai a diferentes
estímulos). Fixeron un breve percorrido polas técnicas do laboratorio para
entender de onde obtemos os resultados.
Na última parte, cativas e cativos puideron dar saída á súa capacidade artística
pintando un cerebro e convertíndose en arquitectos moleculares por un día.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes da xornada.