-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
O colexio a un clic
A aplicación AbalarMóbil ofrece agora un servizo de mensaxería que permite que o pai/nai do alumno/a reciba no seu móbil mensaxes do titor/a sobre asuntos de importancia. Tamén, como ata agora, recibirá información das notas, faltas de asistencia, incidencias, etc, en canto estas se rexistren no servizo informático. Se quere estar informado/a, descargue a aplicación da Xunta de Galicia.
O quentamento da Terra

O alumnado de 2º e 3º ESO asistiu a unha charla do profesor Carlos Pérez-Collazo, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, sobre o cambio climático que está a acontecer no planeta. As causas son claras e apuntan a actividade humana dos dous últimos séculos, desde a Revolución Industrial, pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, o metano ou os óxidos de nitróxeno e de xofre.—
4º ESO pescuda o seu grupo sanguíneo
O alumnado de 4º ESO dedicou a clase de Bioloxía a pescudar o seu grupo sanguíneo. Cun pinchaciño (voluntario: non todos se atreveron) e reactivos de anticorpos do distintos grupos do sistema ABO e Rh, puideron comprobar cal era o seu tipo de sangue segundo a reacción ou non de aglutinación dos glóbulos vermellos.
Aí tedes a algúns despois da minicirurxía.

Quere coñecer o colexio? (CANCELADO TEMPORALMENTE)
Se desexa coñecer o noso colexio nos días de portas abertas nestas DATAS, só ten que clicar AQUÍ e encher o formulario.
Si desea conocer nuestro colegio en los días de puertas abiertas en estas FECHAS, solo tiene que clicar AQUÍ y rellenar el formulario.
As visitas quedan canceladas ata novo aviso. Desculpen as molestias.