Campamento de verán

Desde o 26 de xuño ao 28 de xullo, o Club Deportivo Seung Sport de taekwondo organiza nas instalacións do noso colexio un divertido campamento de verán. Os máis pequenos poderán gozar de numerosas actividades e facer novas amizades. O alumnado do colexio beneficiarase do prezo reducido, coma se fose socio do club de taekwondo. Se precisades máis información, non dubidedes en contactar no teléfono ou enderezo electrónico indicados no cartel.

Ler máis

Información

Informámoslles de que Brais Sport (Sanjurjo Badía 108 baixo, tel: 986261848), a tenda de material deportivo que subministra o chándal do colexio, pecha. Segundo nos informan, hai unha liquidación do 30% de desconto, incluído o chándal do centro.

Concurso Arquimedianos21

Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo.  Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.

Ler máis

Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual,  unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.

Ler máis