Visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas (EP)

Ao longo desta última semana, o alumnado de Primaria visitamos a Biblioteca Pública Neira Vilas e gozamos dunha experiencia chea de aprendizaxe e diversión. Alí descubrimos o mundo dos espías e dos detectives e coma eles tivemos que desentrañar a desaparición dun libro! Coñecemos o apaixonante mundo dos libros de espías, resolvemos pistas traballando en equipo poñendo a proba as nosas habilidades de espionaxe coma a lóxica, a creatividade e oespírito investigador. Moitas grazas á Biblioteca Neira Vilas pola súa—

Ler máis

Excursión fin de curso 2025 Ed Primaria

O pasado 2 de xuño todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao parque de aventuras Marikiná. Foi unha magnífica forma de pechar este curso escolar no que tanto se esforzaron e aprenderon. No seguinte video tedes unha mostra do ben que o pasamos e con el rematamos as publicacións deste curso agardando que foran do voso interese. Feliz verán e vémonos en setembro!

Ler máis