Visitamos a Biblioteca Xosé Neira Vilas (1º e 2º ciclo de EP)

Onte o noso alumnado do 1º e 2º ciclo de E.P visitou a Biblioteca de Xosé Neira Vilas. Pasaron unha xornada estupenda entre contos descubrindo toda a xente que hai detrás da publicación dun libro; desde quen o escribe a quen o ilustra ou o edita. O noso alumnado descubriu sorprendido que son moitas máis persoas das que pensamos. Tamén se converteron en autores e autoras das súas propias creacións literarias que poderedes ver en máis detalle moi pronto no—

Ler máis

Día do Libro 2025

O pasado día 23 de abril, como sabedes, celebramos o día do libro. Este ano centrándonos na parte dea lectura por lecer. Deste xeito, o noso alumnado do máis pequeno ao maior elaboraron a reseña das súas lecturas preferidas e organizouse un Obradoiro Cooperativo entre as etapas de Primaria e ESO nas que elaboraron libros acordeón. Deixámosvos aquí unhas fotos da xornada.        

Ler máis