Azucena Arias, grazas por vir!

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita de Azucena Arias. Veu falarlles do seu libro “Debaixo dun parasol”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Azucena, moi amablemente, asioulles os libros. Moitas grazas pola visita, Azucena!

Ler máis

Maletas Ponte a ZERO

Hoxe chegou ao cole a Maleta Viaxeira, prestada polo CEIDA e a Deputación de Pontevedra, ao cole e os nosos alumnos e alumnas non puideron esperar máis para botarlle un ollo aos libros que contiña. Todos eles sobre diferentes temas medioambientais, achegan ao noso alumnado ao tan importante concepto da pegada de carbono e a súa redución. Contarémosvos máis cousas máis adiante, de momento hoxe gozaron dunha marabillosa sesión de Bibliopatio aqueles que así o quixeron.

Ler máis

Judith Rodríguez con 5º e 6º de Primaria

Onte, o día Internacional dás persoas con discapacidade, tivemos a honra de recibir a Judith Rodríguez, a esgrimista gañadora da medalla de bronce en florete nos Xogos Paralímpicos de París 2024. Puidemos escoitar e facerlle preguntas sobre a súa historia e o seu gran recorrido deportivo, pero sobre todo compartiu con nós a súa gran mentalidade e a postura ante a superación no día a día; inspirándonos a enfrentar o nosos propios obstáculos con valentía e a atopar novas formas—

Ler máis

Magosto (E.P)

Como vedes, este ano a climatoloxía deu ao traste coas actividades que tiñamos preparadas para celebrar o Magosto en convivencia, ata tivemos que aproveitar os descansiños que nos daba a choiva para ir a por as castañas ao castañeiro; o que non conseguiu foi estragarnos o día porque o pasamos en grande con xogos, manualidades, proxectos e demais actividades. Así que… que aprendemos? Que ao mal tempo boa cara e que en compañía dos amigos sempre se pasan bos momentos.—

Ler máis