Semana do Libro (Ed. Primaria)

Durante a semana do 23 de abril, o noso alumnado de Ed. Primaria, aparte de participar nas actividades propostas pola Bibioteca pola Semana do libro, levou a cabo numerosas actividades con motivo desta conmemoración. Fixéronse actividades para todos os gustos e idades: dende a elaboración don “Conto do todos os contos”, cuxo cartel elaborou Ed. Infantil, unha búsqueda do tesouro, a recomendación dos nosos alumnos nun Lerflix Kids,  ou obradoiros de escritura cooperativos. Todas estas actividades están encamiñadas a fomentar—

Ler máis

Contacontos Infantil e Primaria

O pasado mércores 6 de marzo o alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo curso de Educación Primaria participou nun contacontos a cargo do autor David Rodríguez, que nos contou a súa obra “Superavoa” (Ed. Xerais), que el mesmo ilustrou. Dun xeito dinámico e divertido nos achegou esta historia que pon en valor o importante papel dos avós dentro das familias, e particularmente das avoas respecto do coidado dos netos. A protagonista, unha “Superavoa”, é unha superheroina que—

Ler máis