Premios Faro da Escola IX Edición

Onte, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria acudiron como representantes do colexio ao Pabellón de Navia, onde se realizou a entrega de premios de Faro da Escola. Nesta novena edición resultamos gañadores en dúas categorías: Terceiro premio de investigación para o colaborador CSIC, e un galardón especial pola nosa homenaxe ao escritor El Hematocrítico, que faleceu o ano pasado.

Ler máis

Graduación Primaria 2024

O pasado mércores, vivimos momentos moi emotivos, xa que celebramos a Graduación de Primaria da promoción 2018-2024. Despedimos os nosos leonciños, que xa medran e pasan a Secundaria. Deixámosvos algunhas fotos do acto.

Ler máis

Saída ao Casco Vello de Vigo (5º e 6º ep)

Hoxe, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria desfrutaron dun percorrido polo Casco Vello da nosa cidade, no cal aprenderon moitos datos sobre a historia da Reconquista de Vigo no ano 1809. Pasárono xenial percorrendo os lugares máis destacados da nosa zona vella (Concello, Castelo de San Sebastián, Porta da Gamboa, Concatedral de Santa María…), acompañados por un guía e un simpático francés que lles ía amenizando o paseo.

Ler máis

8M Día da Muller

O pasado venres, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller, conmemorando a loita de todas as mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade cos homes. Cada curso investigou sobre unha muller importante, coñecendo un pouco sobre a súa vida, e as súas accións máis relevantes. Os nenos de 1º de Primaria investigaron sobre Dona Strickland, pioneira na investigación do láser. En 2º traballouse, Jane Goodall, coñecida polos seus estudos sobre a vida social dos chimpancés.   En 3º,—

Ler máis