-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Noticias
8 marzo, Día da Muller 2023 (Ed. Primaria)

Este ano aproveitando o traballo sobre o 11F, Día da muller e a nena na ciencia, quixemos continuar con mulleres destacadas en campos científicas que foron e aínda son grandes descoñecidas a pesares dos seus logros.Para decorar a entrada do centro, o noso alumnado elaborou entre un anagrama do día con motivos florais e bolboretas. Para o alumnado de 1º de E.P, proxectamos un vídeo adaptado á súa idade introducíndolle o tema e elaboraron uns fermosos marcapáxinas. O alumnado—
Entroido 2023 (Ed. Primaria)

Como xa sabedes, o entroido no Quiñones é unha data especial. Seguindo coa nosa tradición, este ano elaboramos unha vez máis os disfraces en clase e foron unha sorpresa para todas as familias cando nos viron con eles na comparsa. A temática dos disfraces, outra vez, foron os nosos proxectos como podedes ver a continuación. Pero isto non é todo, xa que, durante a semana participamos tamén no tradicional xogo do Meco e acabamos converténdonos en leóns remolóns, porque xa—
Berta Dávila visita o cole
Berta Dávila visita o cole A autora galega Berta Dávila visitou o pasado martes 7 de marzo o colexio para falarnos do seu último libro “Demetrio Demoscopio”. Acompañounos durante un ratiño, no que os menos e as nenas de 5º e 6º lle fixeron moitas preguntas sobre a súa vida, sobre o libro, sobre a súas fontes de inspiración… Ela compartiu connosco toda esa información e, despois, asinounos os libros. Grazas Berta pola túa visita!
Cualificacións 2ª avaliación ESO
As cualificacións da 2ª avaliación de ESO publícanse en Abalar o día 10 de marzo ás 16:00 h.
A muller e a nena na ciencia

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11F, levouse a cabo un obradoiro de divulgación científica para os rapaces e rapazas de 4o de Primaria. Consitiu nunha pequena charla, adaptada á idade do alumnado, sobre bioloxía e cómo investigan nos diferentes grupos de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Dende aquí o noso agradecemento por esta interesantísima oportunidade. Nesta actividade tamén contáronnos dende como se sintetizan compoñentes da natureza para—