-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Category Archives: Noticias
Concurso Arquimedianos21
Día da Familia en Ed. Infantil e Primaria
Atención! Esta entrada pode conter spoilers! Se os pequenos da casa aínda non sacaron dos seus enxeñosos agochos os seus agasallos, non sigades lendo. E é que esta semana, o noso alumnado de Ed. Infantil e Primaria estiveron preparando os seus agasallos con especial ilusión para celebrar o Día Internacional da Familia. Algúns con máis pericia que outros tentaron ocultalo para non desvelar a sorpresa, aínda que só aguantasen o primeiros cinco minutos sen presumir das súas elaboracións cos seus—
Día do libro en Educación Primaria.
O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Primaria estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura e ao desenvolvemento dun hábito lector adecuado. En Primaria, cada clase quíxonos contar un pouco acerca do seu libro de lectura de aula, ben sexa a través dun knolling no que participaron tamén o alumnado da ESO ou con distintas actividades: desde libros xigantes—
Semana do libro en Ed. Infantil.
O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Infantil estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura. Desde os marcapáxinas aos seus libros favoritos os pequenos da casa gozaron esta semana compartindo historias e contos. Descubrindo xuntos palabras e atopando nos libros letras coñecidas e outras por coñecer. En definitiva, o inicio da súa vida como lectores. Aquí tedes algunhas fotos—
Semana do Libro en Secundaria
O 23 de abril foi o Día do Libro e quixemos celebralo con algunhas actividades ao redor da lectura e dos libros. Propuxémoslle ao alumnado que reflectise nunha fotografía o seu libro preferido. Tiveron que escoller varios obxectos para representar os personaxes, accións, espazo… E despois fixeron cadansúa presentación na biblioteca. O alumnado le moito e gústalle compartir as súas lecturas cos demais. Tamén traballamos con mensaxes secretas. Tiveron que descubrir as mensaxes que apareceron debuxadas nas ventás da clase.—