Club de K-pop

Esta semana reuniuse outra vez o Club de K-pop.

Desta volta, houbo un concurso de preguntas sobre grupos de K-pop. Tiñan que agacharse ou correr para premer un timbre ou pulsador de son para ser a primeira en responder e levar un punto. A gañadora levou un ramo de photocards variadas de idols de K-pop e un peluche.

Ademais de xogos, bailar e preparar ensaios, celebramos o aniversario de Jin de BTS (tradición en kpop facer eventos dos aniversarios dos teus “idols” favoritos).

E despedimos o ano merendando xuntas e cuns sorteos, entre eles un álbum de K-pop e outros agasallos.

E, o máis importante, hai moi bo ambiente  e non queren que a tarde remate.

Comments are closed.