Concurso Verdecora

Este ano participamos no concurso que nos ofreceu a tenda Verdecora de animais, plantas e decoración situada no novo Centro Comercial Vialia. Entregáronnos un sobre para cada un onde había: unha cartolina para debuxar, un paquete de pinturas e un lapis con sementes incluidas! que cando rematas de usar podes plantar e agroma albahaca!
O tema do concurso era “Imaxina a túa cidade en outono”. Neste caso, o primeiro que fixemos foi unha choiva de ideas para ver que elementos podemos atopar en outono( ourizos, castañas, landras, cogumelos…) e despois pensar nas cores típicas de outono, coas que colorearemos o noso debuxo. Por último dixemos lugares típicos da nosa cidade para engadir á composición, tales como o Concello, o Dinoseto, a Praza España e ata o alcalde! Abel Caballero tamén quedou presente nalgunha obra.
O último paso xa foi poñernos mans á obra. Mirade canto esforzo adicamos a esta actividade e que ben o pasamos. A ver se hai sorte e algún neno ou nena do cole gaña o premio!

Comments are closed