Da Candeloria ao Día de Cupido

Este curso 2021-2022, o Equipo de Dinamización Lingüística lanzou unha proposta a toda a comunidade educativa: realizar un intercambio de postais.

Deuse a coñecer nas clases a data da Candeloria e os refráns que existen ao seu redor. E enlazouse esta data co Día de Cupido, máis coñecido polo alumnado.

Traballouse a expresión escrita e tamén a artística, xa que deseñaron as súas postais e despois as escribiron.

O motivo das postais eran os monumentos de Vigo ou das cidades de orixe de cada un de nós. Sempre gusta amosar aos compañeiros os nosos gustos. E o texto consistía nunha pequena presentación nosa que xerase interese para despois xogar a descubrir quen a escribira.

O día 2 de febreiro recolléronse as postais e hoxe, 14 de febreiro, fíxose o reparto da correspondencia.

Gústanos que o noso alumnado queira coñecer os compañeiros dos outros cursos. Xa descubrirían quen escribiu as postais?

Comments are closed.