O pasado día 31 chegou, un ano máis, o Día da Paz ao noso centro. Sempre é un dos favoritos do noso alumnado xa que falamos do compañeirismo, a colaboración, a solidariedade… valores que ademais de ser traballados día a día, toman protagonismo nesta data.
Este ano, propuxémonos resaltar palabras sen as que a Paz non sería posible e que nos marcan o camiño que debemos seguir e fomentamos sempre entre o noso alumnado. Vístelas colgando en globos con forma de corazón na entrada do centro pola rúa Travesía de Vigo. Pero por se acaso, aquí as tedes.
En Educación Infantil, deron coa receita da Paz e móstrannola nestes bonitos traballos realizados en grupo.
Aquí tedes aos artistas e algunhas fotos do proceso.
Ademais, en Primaria levou a cabo unha actividade de intercambio entre o alumnado de 1º e 6º. O obxectivo, o mesmo; decorar a nosa planta cun bonito mural dedicado a esta data. Iso si, unha vez elaborado por separado e plastificado, mesturamos as pezas coloreadas en cada clase para formar os dous murais. Aquí tedes o resultado, no que podedes ver tamén algúns dos mensaxes das botellas elaborados por 5º de E.P.
Nesta época na que as os grupos teñen que estar tan separados, este xesto de unión fíxolles moita ilusión a ambas as clases que agora poden ver no seu corredor o froito do traballo de compañeiros dos que están, por desgraza, distanciados e sérvelles para acordarse que, máis aló das aulas, hai máis compañeiros que forman parte desta comunidade educativa.
Outra actividade que levamos a cabo para reforzar este lazo de unión e afianzar a idea de que con axuda podemos con todo, foi a levada a cabo na materia de música. Todo o alumnado preparou a mesma danza e a mesma ficha, para reforzar esa idea de comunidade e unidade.
Por suposto, non foi o único que fixemos. Podedes ver estas actividades e moitas máis no seguinte vídeo.
Tamén podedes ver a danza completa, de mans do noso alumnado de 5º de E. P na seguinte ligazón.