O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro.
No colexio non quixemos deixar pasar esta data e realizamos diversas actividades ao redor da figura da nosa escritora.
O grupo de 1.º de primaria interpretou en lingua de signos “Adiós ríos, adiós fontes”:
En 2.º da ESO interpretaron algúns versos en galego e tamén nas súas linguas maternas, amosando que Rosalía é mundial:
O grupo de 6.º de primaria recitou o poema “Adiós ríos, adiós fontes”:
E o alumnado de 4.º de primaria tamén aprendeu este poema:
Outros grupos fixeron flipbooks e buscaron información sobre a autora, elaboraron crebacabezas e fixeron carteis representativos da data:
Sementando pensamentos rematamos esta xornada.