Visita de 2.º da ESO á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Esta semana o grupo de 2.º da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. É unha saída que gusta moito ao alumnado, xa que sempre lles presentan unha temática interesante e unha chea de referencias bibliográficas para achegarse despois a elas. Este curso a temática son as Olimpíadas, xa que se van celebrar o próximo ano 2020.

Recibiunos a bibliotecaria Mar, que nos falou un pouco sobre como facernos socios da biblioteca e dos servizos que teñen dispoñibles. Demos unha volta pola biblioteca e xa nos dispuxemos a entrar no mundo fantástico dos libros e a literatura da súa man.

Mar fixo un percorrido a través de diferentes obras literarias para presentarnos a historia das Olimpíadas, coñecemos diferentes deportes, novos deportes que estarán presentes nas probas do 2020 e moitas anécdotas destas últimas celebracións.

A seguir, foi a quenda dos alumnos e alumnas, de participar na actividade que lles tiñan preparada.

Primeiro, tiveron que pasar unha proba de mímica deportiva:

A continuación, xogaron a un tabú do ámbito dos deportes:

E, para rematar, tiveron que descifrar uns xeroglíficos relacionados co mundo deportivo:

Non todos os equipos gañaron, pero si todos participaron e todos o pasaron fenomenal, ademais de aprender un pouco máis sobre os deportes e as Olimpíadas.

Así de felices nos despedimos ata o próximo ano!

 

Día da biblioteca escolar. Concurso “Ponlle cara á nosa mascota Leo”

Como xa vos adiantaramos, o pasado xoves foi o día da biblioteca escolar. Este ano conmemórase baixo o lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”. Nesta importante data, desenvolvemos a primeira fase do concurso “Ponlle cara á nosa mascota Leo”, para atopar a nosa mascota da biblioteca. O alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria participou nun xogo de pistas. Organizados en equipos e facendo uso do material bibliográfico e dixital da biblioteca escolar, foron resolvendo os diferentes—

Ler máis

Concurso da biblioteca escolar: “Ponlle cara á nosa mascota Leo”

O vindeiro 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca Escolar, e, para celebralo, dende a nosa biblioteca lanzamos un concurso para que o alumnado participe activamente no deseño da nosa mascota. A partir dun traballo de investigación en grupo, a través dun xogo de pistas que se desenvolverá na biblioteca, os alumnos terán que facer pesquisas para adiviñar quen é, e que lle pasou a un animaliño ao que lle encanta ler, que estivo no verán na biblioteca, e—

Ler máis

Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hoxe pola mañá os nosos leonciños e leonciñas visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Saíron ben cediño do colexio, acompañados polos seus profesores e tamén por algúns familiares que quixeron compartir connosco esta xornada. Chegaron, tras un marabilloso paseo pola cidade, á biblioteca, onde entraron moi tranquilos. Alí, coñeceron a unha bibliotecaria que achegou os nosos cativos ao marabilloso mundo dos libros. Escoitaron os contos con moita atención, seguiron todas as súas indicacións e tamén coñeceron diversos costumes e xeitos—

Ler máis

A ESO visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hai uns días, o alumnado da ESO visitou unha das bibliotecas da nosa cidade: Biblioteca Xosé Neira Vilas. Tanto nos gustou a visita que fixemos o curso pasado, que tivemos que repetir; e volvemos quedar encantados. Este ano presentáronnos lecturas de viaxes: libros orixinais, atlas singulares, bandas deseñadas… e despois aínda tivemos tempo para xogar e aprender xeografía. Agradecemos á nosa guía da biblioteca o ben que nos transmitiu o seu amor pola lectura. Nós continuaremos coa mellor viaxe que nos traen—

Ler máis