Día do libro en Educación Primaria.

O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Primaria  estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura e ao desenvolvemento dun hábito lector adecuado. En Primaria, cada clase quíxonos contar un pouco acerca do seu libro de lectura de aula, ben sexa a través dun knolling no que participaron tamén o alumnado da ESO ou con distintas actividades: desde libros xigantes para xogar ata os marcapáginas de toda a vida.

O knolling é unha técnica fotográfica que consiste en sacer unha foto cenital a unha serie de obxectos elixidos para tal fin. Esta técnica pode aplicarse en moitos ámbitos diferentes, e un deles é a literatura. Un knolling literario é, polo tanto, faise acompañando o libro en cuestion con obxectos que sexan representativos do libro ou que teñan importancia na historia.
Deixámosvos aquí os knolling elaborados polo noso alumnado e se queredes saber un pouco máis sobre eles e os libros que os motivaron, tedes, a continuación, un vídeo no que podedes ver ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 5º falando sobre as súas lecturas e explicando a importancia dos obxecto elixidos. Está ordenado por curso e cada curso comeza coa súa propia cabeceira por se queredes ver únicamente un dos cursos. Esperamos que vos guste, eles pasárono de fábula!

Semana do libro 2022

O knolling de 1º de E.Primaria sobre o conto Tomás es distinto a los demás.

O knolling de 2º de E.Primaria sobre o libro A pinga de choiva, que ademais representa unha escena do conto.

O knolling de 3º Ed. Primaria sobre o libro Manu detective, y el terror de Primaira.

O knolling de 4º de Ed. Primaria sobre o libro Don Caracol Detective e o misterio do gallipato

O knolling sobre o libro de Laura Gallego, Mago por casualidad de 5º de Primaria

 

O knolling sobre o libro de Ledicia Costas, A señorita Bubble, elaborado na clase de 6º de Ed. Primaria.

 

O knolling da obra de Ramón Caride, As músicas viaxeiras; segundo libro de lectura de 6º de Ed. Primaria.

Comments are closed