Entroido 2023 (Ed. Primaria)

Como xa sabedes, o entroido no Quiñones é unha data especial. Seguindo coa nosa tradición, este ano elaboramos unha vez máis os disfraces en clase e foron unha sorpresa para todas as familias cando nos viron con eles na comparsa.
A temática dos disfraces, outra vez, foron os nosos proxectos como podedes ver a continuación.

Pero isto non é todo, xa que, durante a semana participamos tamén no tradicional xogo do Meco e acabamos converténdonos en leóns remolóns, porque xa sabedes que o seu parte favorita da semana (comparsa aparte) é ir en pixama ao cole e sobre todo ver aos nosos profes e compañeiros/as igual. Hai ata quen se trouxo as pantuflas!

Leóns e leoas da clase de 1º de E.P.

Leóns e leoas da clase de 4º de E.P.

Leóns e leoas da clase de 5º de E.P.

Leóns e leoas da clase de 6º e 4º de E.P.

Por suposto tamén houbo tempo para actividades de investigación das tradicións galegas sobre destas datas.

 

E non podían faltar as máscaras!

çAdemais o grupo de 5º de Primaria, prepararon unha actuación e mesmo elaboraron unha carroza para a comparsa.

Actuación dos Piratas de 5º E.P

En definitiva, unhas datas de festa para celebrar todos xuntos. Deixámosvos aquí algúns montaxes máis dos vosos cativos e algúns momentos da comparsa.

 

Comments are closed