E chegou o Entroido! Unha data moi esperada sempre entre o noso alumnado xa que, este ano, recuperamos a tradición de elaborar o noso disfrace.
Inspirándose no país sobre o que traballan no seu proxecto anual, cada grupo de Primaria preparou o seu disfrace en clase.
O último día baixaron ao patio con el para que os compañeiros e compañeiras do resto dos cursos puidesen velos, e ademais fixemos unha danza tradicional dese país;
sirtakes, tarantellas e line dance dinamizaron o noso patio nesta ocasión. Deixámosvos aquí un vídeo do alumnado de 2º preparando a actuación.
Coma se dunha axencia de viaxe tratásese, mesmo coa súa propia azafata, Primaria este ano viaxou por países como Italia, Gracia ou EEUU. Polo que quixemos inmortalizar estas viaxes cunha foto de grupo.
Iso si, non faltaron outras actividades como colorear antefaces, máscaras venecianas ou decorar a nosa entrada con máscaras tradicionais do entroido galego.
E por suposto, outra tradición que non podía faltar… orellas para merendar!!