Excursión fin de curso 2025 Ed Primaria

O pasado 2 de xuño todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao parque de aventuras Marikiná.
Foi unha magnífica forma de pechar este curso escolar no que tanto se esforzaron e aprenderon.
No seguinte video tedes unha mostra do ben que o pasamos e con el rematamos as publicacións deste curso agardando que foran do voso interese.
Feliz verán e vémonos en setembro!


Comments are closed.