O pasado luns celebramos o Magosto no cole. Xa que as limitacións COVID en canto ao transporte non nos permitían subir ao monte como adoitamos facer todos os anos, decidimos que non queriamos deixar pasar esta data sen celebrar. Así que, deixando de lado un pouco os libros por un día, pasamos unha xornada de convivencia na que puidemos facer moitas das actividades propias deste día: comer castañas, xogar no patio a xogos tradicionais… e outras máis propias dunha xornada escolar como colorear debuxos, profundar nas características desta tradición ou, por exemplo, aprender poesías. Deixámosvos aquí unhas fotomontaxes onde poderedes ver como pasamos a mañá, as actividades que fixemos ese día, e ao longo da semana, e un vídeo da clase de 3º de E.P recitando unha poesía que aprenderon para a ocasión na materia de Lingua Inglesa.
Recollimos as castañas quentiñas directamente do posto que o castañeiro instalou no patio traseiro do centro.
Alumnos e alumnas de 5º de E.P desfrutando desas castañiñas
Alumnos e alumnas de 3º de E.P dando boa conta delas antes de que arrefriasen
As súas cariñas xa nos din o boas que estaban! (1ºE.P)
Os alumnos e alumnas de 6º de E.P tampouco se quedaron atrás comendo castañas
Alumnos e alumnas xogando ao tres en raia con emoticastañas
Os nenos de nenas de 3º de E.P amósannos algunhas das actividades do seu cuadernillo do Magosto
Nenos e nenas de 2º de E.P coloreando un debuxo inspirado nesta data
Caracois de 1º de E.P (Actividade de E. Artística)
Alumnado de 1º de E.P amosando as súas obras
Alumnas e alumnos de 2º de E.P cas súas obras
Alumnado de 2º de E.P cos seus caracois
O curso de 3º de E.P realizaron unhas arañas con castañas
Alumnos e alumnas de 3º de E.P cas súas arañas
4º de E.P. tamén nos amosa as súas arañas
Alumnado de 5º de E.P. amosando os seus esquíos feitos con castañas
Os alumnos e alumnas de 1º E.P nos amosan os seus cestiños preparados para a ocasión.