E por fin!! Despois de moito tempo… marchamos a celebrar o Magosto!! O pasado día 10 de novembro todo o cole subímonos aos buses rumbo ao monte Vixiador a celebrar por fin xuntos o Magosto. Asegúrovos que ganas non lles faltaban como podedes ver no vídeo que vos podedes atopar na seguinte ligazón. Tamén atoparedes as carreiras de sacos e moitas cousas máis!
Foi unha mañá divertidísima, alegre e amena na que o máis importante era vivir experiencias novas xunto aos nosos compañeiros de clase, recuperar unha tradición tan galega como a para comer as castañas asadas ou os xogos tradicionais, desenvolver a nosa curiosidade polo medio que nos rodea e por coñecer como respectalo e coidalo. Por exemplo a gran variedade de cogomelos que atopamos, incluso unha introducida desde Australia na forraxe de alimentar ao gando, como descubrimos ao día seguinte en clase ao investigala; os dedos do diaño chámanlle, porque a verdade é que o parece!
En definitiva, unha mañá na que os xogos, as amizades e os recordos son o noso principal obxectivo. E por suposto, comer castañas!! Castañas que non falten!! Que gusto chegar ao monte en bus e que o noso castañeiro recibísenos coas castañas quentiñas listas para comer!
Agora quédanos a peor parte, esperar outro ano máis para repetir! Pero aínda nos esperan outras conmemoracións este curso que xa vos iremos contando.
Deixámosvos aquí unha mostra da maña.