O quentamento da Terra

O alumnado de 2º e 3º ESO asistiu a unha charla do profesor Carlos Pérez-Collazo, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, sobre o cambio climático que está a acontecer no planeta.

 

As causas son claras e apuntan a actividade humana dos dous últimos séculos, desde a Revolución Industrial, pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, o metano ou os óxidos de nitróxeno e de xofre. Seremos capaces de reducir o noso impacto no planeta no futuro? Probablemente non.

Comments are closed.