Obradoiro de regueifas (II)

Esta última semana volveron achegarse polo Quiñones de León os grandes improvisadores: Luís O Caruncho e Pinto d’Herbón. Guiáronnos no segundo obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo deste curso.

Desta volta, o alumnado, xa con algunhas nocións, foi improvisando as súas coplas e gozando de compartir risos.

Cara ao final, foron atrevéndose a regueifar en parellas.

Aquí seguiremos practicando para manter viva esta tradición e para dar o mellor de nós no Certame de regueifas que terá lugar proximamente.

 

Comments are closed