Pinto e Caruncho visitaron o noso colexio a semana pasada. Este foi o segundo obradoiro, impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, que impartiron ao alumnado de secundaria, no que xa pasaron a sesión cantando e improvisando.
Agora seguimos a regueifar no noso pequeno club do cole. Arriba regueifeiras e regueifeiros do Quiñones!