Excursión Fin de Curso Primaria 2022

Xa era hora. Xa era hora de que o noso alumnado puidese gozar unha das súas excursións preferidas. Xa era hora de visitar de novo o Lago Castiñeiras que nos estaba esperando desde tempos pre-pandemia. E o mellor é que o atoparon renovado cun parque estupendo con tiroliña e outros elementos. Nin que dicir ten, que o pasaron en grande e que a tiroliña, ao marchar, quedaba ben probada. Xogos tradicionais, xeados, camiñatas, patos… e sobre todo amigos e amigas—

Ler máis

Graduación de 4.º da ESO

Toda aventura debe chegar á súa fin e así, pouco a pouco, ano tras ano, chegaron a 4.º da ESO estes rapaces e rapazas que sempre terán connosco o seu fogar. Tiveron un acto de graduación cheo de lembranzas, risos e algunhas bágoas. Gardaremos sempre estes momentos no noso corazón. Vós sodes moi grandes… e as vosas familias tamén! E agora é o voso momento de voar. O futuro é voso!