O alumnado de 1.º e 2.º da ESO participou hoxe no Programa de Educación Cívico-Tributaria, organizado pola Delegación da Axencia Tributaria de Vigo.
Desde un enfoque didáctico, o relator achegou aos alumnos e alumnas pinceladas sobre os bens e os servizos públicos, o financiamento ou a importancia da súa conservación.
Foi unha charla enfocada á educación en valores, da que todos tiraron bo proveito.