Como todos os anos por estas datas celebramos o Samaín en primaria. Esta tradición provén da cultura celta na que celebraban o final da tempada de colleita e o comezo dun novo ano. Aínda que é certo que este curso é diferente aos demais non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebrarlo co noso alumnado. Así que adaptándonos ás novas circunstancias, tentamos que esta semana pasada o noso alumnado gozase, tanto en casa como no cole, de actividades especiais. Deixámosvos unha pequena mostra do que fixeron, dende 1º de Primaria ata 6º, todos coa mesma ilusión.
O alumnado de 1º de Primaria elaboraron uns calacús e un adorno.
O alumnado de 2º de Primaria fixeron unhas pantasmas na clase de plástica utilizando unha pintura que os fai brillar na escuridade.
Os nenos e nenas de 3º de Primaria fixeron, tamén en plástica, unha araña con material de refugallo.
E os mozos e mozas de cuarto fixeron un pequeno morcego, tamén con material de refugallo.
En 5º e en 6º de Primaria as tarefas plásticas foron más técnicas, adaptadas á cada idade. No caso da clase 5º de Primaria, elaboraron un retrato de Frankenstein utilizando a técnica do difuminado e unha paleta de distintas tonalidades de verde. En canto, ao alumnado de 6º fixeron unha composición mesturando a técnica do collage, a gradación de distintas cores e o aspecto das sombras chinescas para crear castelos espeluznantes.
Frankenstein de 5º de Primaria.
Nas seguintes ligazóns, tedes uns vídeos de como transcorreron estes días.
Un con actividades levadas a cabo no cole, e outro con fotos dalgúns dos calacús que fixeron algúns dos nosos alumnos e alumnas nas súas casas e que os pais e nais tiveron a amabilidade de enviarnolas. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Agardamos que vos gosten
Samaín/Halloween 2020:
https://drive.google.com/file/d/1dVTwAU8JJiHtMBvH9mqSyS5F9Ipb9mf3/view?usp=sharing
Calacús das casas:
https://drive.google.com/file/d/1qcWxv5MHd9dMyhfZKN3gARdeow4ow-4h/view?usp=sharing