Letras Galegas 2024: Luisa Villalta

Este ano 2024 homenaxeamos a Luisa Villalta polo Día das Letras Galegas. O noso alumnado elaborou algúns murais e a partir dalgúns versos do poema “Papagaio”: Compartir as cordas de tender a roupa vibrantes de emoción e de necesidade naceu a idea de facer nós tamén o noso tendal. Despois xuntámonos para falar dela, ler algún dos seus poemas e tocar algunha peza musical. E tamén aproveitamos a xuntanza para celebrarmos os maios, acompañados do recitado de poemas.  

Celebramos o Magosto

Esta semana celebramos o Magosto no cole. Ademais das actividades que realizamos na clase para aprendermos máis sobre a nosa cultura e tradición, fixemos moitos xogos no patio. Por suposto, as castañas asadas non puideron faltar. Estaban boísimas! A continuación tedes un vídeo resumo do día.

O Samaín (parte 1)

Estes días, nos que celebramos o Samaín, o alumnado de educación infantil recibiu a visita dalgúns compañeiros e compañeiras de secundaria que querían contarlles un conto. O álbum elixido foi Queda sitio na vasoira? Despois, ao igual que fixo a meiga, os nosos pequenos e pequenas prepararon a súa pócima, recitaron o seu conxuro e conseguiron que aparecesen uns doces.