Semana do Libro (Ed. Primaria)

Durante a semana do 23 de abril, o noso alumnado de Ed. Primaria, aparte de participar nas actividades propostas pola Bibioteca pola Semana do libro, levou a cabo numerosas actividades con motivo desta conmemoración. Fixéronse actividades para todos os gustos e idades: dende a elaboración don “Conto do todos os contos”, cuxo cartel elaborou Ed. Infantil, unha búsqueda do tesouro, a recomendación dos nosos alumnos nun Lerflix Kids,  ou obradoiros de escritura cooperativos. Todas estas actividades están encamiñadas a fomentar o traballo en equipo e o gusto pola lectura así como a traballar a expresión escrita ou a oral.

O noso alumnado tamén desfrutou toda esa semana do Bibliopatio, recuncho voluntario de lectura durante o recreo,  como poderedes ver neste vídeo.

https://youtu.be/zjEvrqMg8zo

Deixámosvos aquí un resumo ordenado por cursos das actividades desta semana.

Comments are closed