Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós. Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de—

Ler máis

Actividades extraescolares para o curso 2018-2019

O comezo do novo curso tamén trae novas actividades extraescolares para o alumnado. Sportemp será a encargada dalgunhas das actividades. O horario é o seguinte: Luns Martes Mércores Xoves 16:00 – 17:30 Teatro (infantil) Baile moderno (infantil) Intelixencia emocional (infantil) Multideporte (infantil) Debuxo/pintura (infantil/primaria/eso) Diverciencia (primaria) Teatro (primaria/eso) Baile moderno (primaria/eso) As clases comezan no mes de outubro. Podedes anotar os alumnos e alumnas ata o 24 de setembro na administración do centro. Ten que haber un número mínimo de—

Ler máis