Programa Vigo en inglés

O noso colexio participa un ano máis no programa de inmersión en lingua inglesa “Vigo en inglés”, impulsado desde o Concello de Vigo.

As nosas alumnas xa partiron cheas de emoción por afianzar os seus coñecementos de inglés e coñecer unha cultura diferente da nosa. Gozarán de tres semanas de experiencias, nunha escola nova e acompañadas dunha familia.

Só vos desexamos que aproveitedes esta viaxe!

Xa chega o día de convivencia!

Como cada ano, ao aproximarse o final do mes de maio, achégase a festa do cole, ese día en que compartimos unha xornada de convivencia de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado, antigos alumnos… Todos sodes benvidos!

Este ano a data elixida para esta celebración é o vindeiro venres, 31 de maio, en horario de 17:00 a 20:30 horas.

Durante ese período de tempo, entre outras cousas, poderedes gozar das actuacións dos alumnos dos distintos cursos, participar en diferentes talleres, refrescarvos na cantina escolar para colaborar coa excursión dos alumnos da ESO, e pasar un bo momento cheo de maxia.

Alumnos e profesores estamos xa a preparar con agarimo o espectáculo. Esperamos que sexa do voso agrado. Aquí vos deixamos o programa para ir facendo boca. Vémonos o venres!

Programa de actividades