Participación no Spelling Bee

Un ano máis, tres alumnos do noso centro participaron na XIII Edición do concurso de deletreo interescolar de Vigo. Tivo lugar no Cine-Teatro Salesianos. Ás 16:30, convocáronnos aos participantes e mestres. Unha vez coñecidas as normas, entraron os espectadores e deu comezo o concurso. Entre nervios e emoción, transcorreu o deletreo. Os alumnos do Quiñones non chegaron ás roldas finais, pero temos que dicir que estamos moi orgullosos deles, e da súa valentía ao querer participar no concurso e facelo,—