2.º da ESO tamén regueifa

Esta semana foi a quenda de 2.º da ESO. Estes alumnos puideron participar dun obradoiro de regueifas promovido, desta volta, pola Deputación de Pontevedra. O regueifeiro que guiou esta primeira sesión foi Kike Estévez. Acompañado da súa guitarra deunos unha volta polas orixes desta práctica de improvisación oral en verso. Despois descubrimos con el que esta manifestación poética aparece en moitos lugares do mundo, na península ibérica, pero tamén en países de América do Sur. Despois amosounos en que consiste—