Visita de 2.º da ESO á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Esta semana o grupo de 2.º da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. É unha saída que gusta moito ao alumnado, xa que sempre lles presentan unha temática interesante e unha chea de referencias bibliográficas para achegarse despois a elas. Este curso a temática son as Olimpíadas, xa que se van celebrar o próximo ano 2020.

Recibiunos a bibliotecaria Mar, que nos falou un pouco sobre como facernos socios da biblioteca e dos servizos que teñen dispoñibles. Demos unha volta pola biblioteca e xa nos dispuxemos a entrar no mundo fantástico dos libros e a literatura da súa man.

Mar fixo un percorrido a través de diferentes obras literarias para presentarnos a historia das Olimpíadas, coñecemos diferentes deportes, novos deportes que estarán presentes nas probas do 2020 e moitas anécdotas destas últimas celebracións.

A seguir, foi a quenda dos alumnos e alumnas, de participar na actividade que lles tiñan preparada.

Primeiro, tiveron que pasar unha proba de mímica deportiva:

A continuación, xogaron a un tabú do ámbito dos deportes:

E, para rematar, tiveron que descifrar uns xeroglíficos relacionados co mundo deportivo:

Non todos os equipos gañaron, pero si todos participaron e todos o pasaron fenomenal, ademais de aprender un pouco máis sobre os deportes e as Olimpíadas.

Así de felices nos despedimos ata o próximo ano!