Teatro infantil: Guyi-Guyi

Hoxe, os nosos leonciños e leonciñas asistiron a unha función teatral: Guyi-Guyi. Os nosos pequenos estaban ansiosos por ver esta función: E chegou o momento de entrar no teatro e dirixirse aos seus asentos: E, cando comezou a obra, descubriron a Guyi-Guyi, que é un crocodilo que, por azar da natureza, nace nunha familia de patos. El vive feliz coa súa familia ata que un día se perde e se encontra cun crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos—

Ler máis

The Jungle Book

O pasado xoves, os alumnos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria foron ao Teatro Salesianos a gozar coa obra The Jungle Book. Aínda que estaba en inglés, entendérona moi ben, xa que previamente aprenderan as cancións, fixeran actividades e falaran na clase sobre os personaxes. A obra foi moi divertida e aos rapaces gustoulles moito. Mesmo algúns tiveron a sorte de subir ao escenario e cantar e bailar cos actores. Mirade que ben o pasaron!!

Pygmalion para ESO

Os alumnos de 3.º e 4.º da ESO acudiron á representación en inglés da obra Pygmalion no Cine Teatro Salesianos de Vigo. A obra de Bernard Shaw, non exenta de ironía, é a historia do esforzo desesperado dun misóxino e irascible profesor de fonética para converter a fala cockney da vendedora de flores Eliza na prosodia dunha muller refinada.

Actividades extraescolares para o curso 2018-2019

O comezo do novo curso tamén trae novas actividades extraescolares para o alumnado. Sportemp será a encargada dalgunhas das actividades. O horario é o seguinte: Luns Martes Mércores Xoves 16:00 – 17:30 Teatro (infantil) Baile moderno (infantil) Intelixencia emocional (infantil) Multideporte (infantil) Debuxo/pintura (infantil/primaria/eso) Diverciencia (primaria) Teatro (primaria/eso) Baile moderno (primaria/eso) As clases comezan no mes de outubro. Podedes anotar os alumnos e alumnas ata o 24 de setembro na administración do centro. Ten que haber un número mínimo de—

Ler máis