Traballamos co galego

Durante este tempo no que temos tan presente a celebración do Día das Letras Galegas, o galego cobra unha relevancia especial na comunidade educativa.

A aprendizaxe da nosa lingua, iniciada con contos, xogos, cancións e pequenas conversas en Educación Infantil, da paso a unha metodoloxía máis sistemática, pero non por iso menos lúdica e participativa ao longo da Educación Primaria.

Así, os primeiros cursos desta etapa estiveron a facer estes días unha análise da súa palabra favorita en galego, e a pensar no futuro, imaxinando que profesión lles gustaría exercer de maiores, representando tanto na escrita, como graficamente as súas eleccións. E aquí tedes unha mostra.

Palabra favorita en galego

De maior quero ser…

Pouco a pouco o dominio dos diferentes compoñentes do galego vanse asentando e o alumnado dos cursos superiores xa é quen de iniciarse na poesía, e mesmo de redactar contos de superheroes da súa propia creación, aproveitando vocabulario de varias materias. Premede na imaxe, ou no seu caso no título, para ler estas imaxinativas narracións.

Poesía de Ainhoa – 4º EP

“O home de lume” Autor: Daniel Lorenzo Acuña- 5º de E.P

“O meu superheroe” Autor: Pablo Otero – 5º E.P.

“Bruxa escarlata” Autora: Portia Mejide – 5º E. P.

Co tempo, no curso superior, as habilidades adquiridas permiten maior fluidez na redacción en verso, e mesmo ir un paso máis aló, empregando os coñecementos da cultura popular galega sobre regueifas (que lle aportaron Luís O’ Caruncho e Pinto d’ Herbón nun obradoiro que fixeron no cole), para lanzarse e dar o salto a esta espectacular e sorprendente forma de cantiga, que axunta locuacidade e enxeño, co dominio do vocabulario e a técnica da rima.

Mirade cómo traballa este alumnado.

Autor: David – 6º E.P.

Da inventiva de Noa, saíu esta composición en forma de regueifa.

 

Regueifa Noa – 6º E.P.

 

E o camiño co galego non remata aquí, senón que continuará nas seguintes etapas coa mesma ilusión e bo facer por parte de todos. Xa vos iremos contando.

Comments are closed