O alumnado de 3º ESO e da optativa de Física e Química de 4º ESO participou na actividade Aula Aberta á Tecnociencia na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo. Os de 3º realizaron un obradoiro de reciclaxe de aceite de fritura no que, mediante un proceso de axitación magnética e cun catalizador de hidróxido de sodio, obtiveron biocombustible e glicerina. Logo, separaron por decantación o biocombustible e empregárono para facer unha candea. Doutra banda, os de 4º desenvolveron varios experimentos de combustión para comprender a fondo cal son os requisitos para que esta teña lugar e participaron no concurso “Queimapalabra”. Quen sabe se algún atopou a súa vocación.
Aquí os tedes, atarefados cos seus experimentos: