O colexio foi seleccionado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para realizar as probas de avaliación final de Educación Primaria.
Información sobre as probas:
- Realizaranse aos alumnos de 6º EP os días 28 e 29 de maio de 2019 en horario lectivo.
- Valorarán a adquisición das competencias matemática, lingüística (galego, castelán e inglés) e ciencias e tecnoloxía.
- A súa finalidade é de diagnóstico e non computarán nas cualificacións do alumno.