Contacontos en educación infantil

O equipo de docentes de educación infantil invitou as familias a visitar o colexio e contarlles un conto aos nenos e ás nenas. Hoxe, xoves, tivemos a primeira visita, a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. Escolleu o libro Superhéroes, que lles encantou a todos. Estamos desexando que haxa máis familiares que se animen e veñan a compartir un pouco de tempo cos leonciños do Quiñones de León.

Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Quiñones de León organizaron para o alumnado unhas visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas.     A temática que escolleu este ano a Biblioteca Xosé Neira Vilas é o bosque. Pareceunos un tema marabilloso para traballar cos nosos alumnos e alumnas, para que aprendar a coidar da natureza e dos animais. Os primeiros en facer esta saída foron os alumnos e as alumnas de educación infantil. Cando chegaron á biblioteca recibíronos as—

Ler máis

Celebración do samaín 2017

No colexio Quiñones de León, rematamos este mes de outubro celebrando o samaín. Para que o noso alumnado gozase desta festividade propuxemos dúas actividades moi creativas. A primeira delas foi un contacontos. As persoas que organizaron esta actividade pensaron que o mellor espazo para contar contos sería a biblioteca, polo que antes de comezar se puxeron mans á obra e deixaron así de terrorífico este espazo. Os rapaces e rapazas da ESO e de primaria escribiron cadansúa historia de medo. Escolléronse—

Ler máis