Contacontos Infantil e Primaria

O pasado mércores 6 de marzo o alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo curso de Educación Primaria participou nun contacontos a cargo do autor David Rodríguez, que nos contou a súa obra “Superavoa” (Ed. Xerais), que el mesmo ilustrou. Dun xeito dinámico e divertido nos achegou esta historia que pon en valor o importante papel dos avós dentro das familias, e particularmente das avoas respecto do coidado dos netos. A protagonista, unha “Superavoa”, é unha superheroina que—

Ler máis

8M Día da Muller

O pasado venres, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller, conmemorando a loita de todas as mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade cos homes. Cada curso investigou sobre unha muller importante, coñecendo un pouco sobre a súa vida, e as súas accións máis relevantes. Os nenos de 1º de Primaria investigaron sobre Dona Strickland, pioneira na investigación do láser. En 2º traballouse, Jane Goodall, coñecida polos seus estudos sobre a vida social dos chimpancés.   En 3º,—

Ler máis

Decidindo o futuro en 4º ESO

Aquí tedes ao noso alumnado de 4º de ESO na 8ª Feria de enseñanzas artísticas y profesionales de Vigo, no museo Verbum, onde lles amosaron profesións que talvez non son moi coñecidas pero nas que quizais está agochada a súa vocación.