Actividades e festival de Nadal de primaria

  Durante o mes de decembro, o alumnado de primaria estivo preparando diversas actividades relacionadas co Nadal. Decoramos as portas, creamos postais para o amigo invisible, fixemos adornos para os corredores… Todo encheu o cole do espírito do Nadal.       A actividade da decoración das portas tivo, un ano máis, uns resultados incribles.   O día 21 de decembro, celebramos o festival. Quixemos amosar como se celebra o Nadal nas diferentes partes do mundo. Os que guiaron o desenvolvemento—

Ler máis

Felices festas!

O equipo do colexio Quiñones de León desexámosvos unhas felices festas. O día 8 de xaneiro verémonos con máis ganas de participar en novos proxectos e novas aventuras. Só queremos que compartades con nós un pouco do voso tempo e gocedes coa nosa felicitación. (premede aquí) Grazas a todas as familias por estardes aí sempre. Cada peza conta.

Festival de Nadal de infantil

O día 20 de decembro, os máis pequenos, os nosos leonciños, celebraron o Festival de Nadal. Tivemos a sorte de ver os bonecos de neve, renos e elfos máis bailaríns destas festas. Cantaron todos xuntos unha panxoliña en inglés e despois cada grupo cantou unha canción de temática relacionada coa súa vestimenta. A continuación, Papá Noel lembrouse do Quiñones de León e apareceu para darnos a todos unha grata sorpresa. Repartiu entre os máis pequenos un chisco de felicidade e el—

Ler máis

Obradoiro de regueifas no Quiñones de León

Esta semana, o grupo de 6.º de primaria participou no obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Tivemos a sorte de contar cos regueifeiros Pinto de Herbón e Luis O Caruncho. O obradoiro comezou cunha explicación da orixe do termo «regueifa», que era un bolo de pan que se comía nos casamentos. Estes regueifeiros, que practicaban a improvisación oral en verso, compuñan coplas de catro versos octosílabos, o que xera un ritmo moi particular.—

Ler máis

Visita á ETAP de Aqualia

O grupo de 1.º da ESO tivo a ocasión de visitar a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia, o Servizo Municipal de Augas de Vigo. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o ciclo integral da auga e poñer en valor a importancia deste recurso natural. Esta visita está enmarcada dentro da materia de Bioloxía; e, grazas a ela, o alumnado puido completar os coñecementos adquiridos na aula. Os alumnos e as alumnas puideron participar nunha—

Ler máis